martes, 1 de marzo de 2016

Comunicado do Círculo Podemos de Narón





O Círculo Podemos do Concello de Narón, reunido na parroquia de San Xiao o 27 de febrero de 2016 para realizar unha análise da situación do Partido en Galicia, quere dar a coñecer as seguintes reflexións:

1) O posto de Secretario Xeral de Podemos Galicia, ocupado actualmente por Breogán Rioboo Lois, non debe formar parte do proceso electoral que comezará a partir do 15 de marzo de 2016. Entendemos que ao non ter dimitido ni ter sido destituido do seu cargo, o actual Secretario Xeral continúa a estar lexitimado para desenvolver a súa actividade con normalidade despóis de realizado o proceso de renovación dos órganos do Consello Cidadán Autonómico e Comisión de Garantías Galegas.

2) Denunciamos que quitarlle as súas atribucións e que terlle tamén pechado a comunicación oficial ao Secretario Xeral Galego é unha práctica que, de prolongarse no tempo podería ter tintes de acoso e que actualmente supón un claro abuso de poder, propio de lugares onde a democracia interna brilla pola súa ausencia, e que nos parecen fóra de lugar nun partido como Podemos. Entendemos que este proceder responde ao intento de impoñer unha opción estratéxica en Podemos Galicia cara os futuros desafíos electorais por parte dalgúns cargos orgánicos e institucionais (así como a elementos externos a Podemos Galicia). Denunciamos que arrogarse esta competencia é pasar por riba de todas as inscritas, xa que é unha decisión exclusiva da Asamblea Cidadán Territorial Galega.

3) Mostramos a nosa repulsa ás maneiras en que se está a tentar solucionar a crise interna dos órganos directivos galegos. Consideramos que se está a aplicar unha política de feitos consumados, saltándose a regulamentación que nos temos dado a nós mesmos, e que ten como obxectivo silenciar a voz dunha parte das inscritas. Entendemos que a decisión de revocar a Secretaría Xeral Galega non é unha atribución que lle competa a ningún outro órgano que non sexa a propia Asamblea Cidadan Territorial Galega.

4) Convocar eleccións ao cargo de SX implica una revocación velada que consideramos fóra de lugar y entendemos que marca un fito, un terrible precedente, que supón o comezo do fin dun sistema democrático participativo real en Podemos Galicia. O feito de convocar eleccións para este órgano supón pasar de facto (e posiblemente de iure) por riba das inscritas de Podemos Galicia, xa que son eles e soamente eles os que poden revocar ao seu Secretario Xeral.

Para facer as cousas deste xeito xa estaban outros partidos, non facía falta ter percorrido todo este camiño.

Ningún comentario :

Publicar un comentario